Foto 1-8-17 11 59 22

O proxecto Ab Origine naceu no 2015 a raíz do traballo colaborativo que estableceron os antropólogos Rafa Quintía e Miguel Alonso. Dous anos despois, e coa incorporación de novos compañeiros, constitúense como empresa de economía social  dando lugar á transformación do inicial Ab Origine: gabinete antropolóxico na actual empresa Ab Origine. Antropoloxía, produción e xestión cultural. SLL.  Actualmente Ab Origine. Antropoloxía está formada polos socios Rafa Quintía, Valentín G. Bóveda e Miryam Quintía, e no seu equipo contan tamén coa colaboración de diferentes profesionais dos eidos da creación audiovisual e artística.

Dende maio de 2017 estamos establecidos en Pontevedra, onde temos as nosas oficinas na rúa Eduardo Pondal nº31-2ºd.

Esta bitácora nace coa intención de informar sobre as nosas actividades e divulgar os contidos que xurdan nas nosas investigacións e que consideremos interesantes.