AB ORIGINE Edicións ten o gusto de publicar “Segredos ao descuberto. pegadas de canteiros e buscadores de tesouros nos petróglifos galegos”, o novo traballo do historiador Buenaventura Aparicio Casado e do arqueólogo Antonio de la Peña Santos.
Os petróglifos, paseniñamente, están a ocupar o lugar que lles corresponde no eido do patrimonio galego. Pero aínda queda moita tarefa por diante. Entre outras cuestións, encetar unha metodoloxía etnoarqueolóxica na que a Antropoloxía desempeñe un papel determinante. Este libro é a plasmación dun traballo de investigación sobre determinados aspectos das insculturas ignorados acotío no traballo de campo. Nel exponse e deféndese unha hipótese: que moitos dos complexos rupestres máis sobranceiros de Galicia chegaron ata os nosos días en razón dunha decisión intencionada dos canteiros, que evitaron a destrución dos gravados como consecuencia de profesar certas crenzas inseridas na cosmovisión popular.
O enigmático mundo dos buscadores de tesouros completa un estudo absolutamente novidoso na Europa atlántica que á tradicional visión arqueolóxica engade a antropolóxica.
Datos técnicos:
Autor: Buenaventura Aparicio Casado e Antonio de la Peña Santos.
Editorial: AB ORIGINE Edicións
Impresión: branco e negro
Tamaño: 23×16
148 páxinas
Ano: 2017
I.S.B.N. 978-84-1621-80-9
PVP: 18 €
Debe estar conectado para enviar un comentario.