Velaquí unha pequena mostra do obradoiro de video-creación documental que fixemos durante as Xornadas formativas sobre o Patrimonio Cultural do concello de Cerdedo-Cotobade no que aprendemos ás rapazas e rapaces a aproveitar os recursos ao seu alcance para documentar temas patrimoniais do seu interese. O curso contou con catro módulos adicados ás tipoloxías e interpretacións do patrimonio cultural, ás formas de documentación e de traballo de campo, a representación do patrimonio a través do audiovisual xunto con cuestións técnicas relacionadas coa linguaxe e tecnoloxía cinematográficas. Aínda queda a entrega de premios do concurso de videodocumentais, do que informaremos en canto teñamos unha resolución.
Debe estar conectado para enviar un comentario.