AB ORIGINE Edicións acaba de sacar un novo libro: “Universos simbólicos. Olladas ao redor da cultura e da identidade galega”, do escritor e antropólogo Rafael Quintía.

portada-universos

O presente libro supón un compendio de textos  cuxa temática xira en torno a diferentes aspectos da cultura galega e, xa que logo, dos diferentes elementos constituíntes da nosa identidade como pobo. Nas páxinas deste libro o antropólogo Rafael Quintía achéganos a cuestións que teñen que ver coas ideas máxico-relixiosas da cultura galega; percorre, entre outros, aspectos da nosa mitoloxía, do simbolismo, das nosas crenzas máis íntimas, dos noso medos, do papel da lingua nunha cultura, ou intenta responder, por exemplo, a cuestións tan tópicas como a de por que os galegos responden cunha pregunta, sen deixar atrás temas relacionados co noso entramado social. En definitiva, unha ampla e holística ollada a algunhas das moitas caras que presenta a cultura galega.

Podedes pedir os nosos libros por cor correo escribindo ao email: info@aborigine.es ou na web https://aborigine.es/

Datos técnicos:
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: AB ORIGINE Edicións
Impresión: branco e negro
Tamaño: 23×16
326 páxinas
Ano: 2017
I.S.B.N. 978-84-947844-0-8
PVP: 18 €