Nun Teatro Principal de Pontevedra ateigado de xente, tivemos o pracer o pasado venres 16 de marzo de estrear o noso documental “Lupa, na procura do mito da raíña Loba”. Ademais do numeroso público asistente e dos moitos e bos amigos que acudiron, no acto estivemos acompañados tamén por Anabel Gulías, concelleira da Concelleira de promoción económica do Concello de Pontevedra, e por Xosé Leal, deputado de cultura da Deputación Provincial de Pontevedra, que tiveron a ben participar na presentación xunto cos membros do equipo do documental: Rafa Quintía (director e guionista), Rodirgo Cota (narrador e presentador), Valentín G. Bóveda (produción) e Miguel Alonso (realización). O noso agradecemento a todo o público asistente e todos aquelas persoas, entidades e empresas que apoiaron este proxecto.
A prensa fíxose amplo eco da estrea do documental.
Debe estar conectado para enviar un comentario.