Un proxecto ilusionante, deses que nos gustan, e no que está involucrado Ab Origine. O noso compañeiro Rafa Quintía vén de traballar nun proxecto de documentación sobre o patrimonio inmaterial da parroquia de Bemil, concello de Caldas de Reis (Pontevedra). O seu traballo consitiu na investigación e documentación dos ritos e tradicións desenvolvidas ao redor do manancial coñecido como A Fonte do Anghenido. O proxecto foi promovido e patrocinado polas Comunidades de Montes Veciñais da parroquia de Santa María de Bemil. Os resultados do trabajo foron publicados na web Patrimonio de Bemil (http://www.bemil.org/ ) e no libro “Patrimonio inmaterial de Bemil” editado polas Comunidades de Montes Veciñais da parroquia de Santa María de Bemil (Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Bemil e Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Paradela), e contou coa colaboración do Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), e da empresa de arqueoloxía A Citania S.L.- Xestión de Patrimonio.

Deixamos aquí o PDF do libro “Patrimonio inmaterial de Bemil”. Libro colectivo que inclúe o traballo de Rafa Quintía “A Fonte do Anghenido de Bemil. Ritos e tradicións ao redor dun manancial curativo“. (pp.70-123), xunto cos traballos de Daniel Seijas, Elena Cabreja e Jesús González.

PATRIMONIO INMATERIAL DE BEMIL

librobemil

Na presente obra preténdese recoller parte do patrimonio inmaterial da parroquia, un patrimonio extremadamente fráxil por ser fundamentalmente de transmisión oral. Elexíronse, para facer o estudo e divulgar a través deste libro, tres exemplos paradigmáticos do noso territorio: a emblemática Festa do Ramo, as reliquias de San Xusto Mártir (que aínda que son elementos materiais teñen asociado un interesante proceso social de adquisición, rexistro cerimonial e incorporación á liturxia) e o ritual curativo da fonte do Anghenido.

CONTIDOS:

O “RAMO” DA NOSA SEÑORA E O SANTÍSIMO SACRAMENTO NA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE BEMIL. AUTOR: Daniel Seijas LLerena

AS RELIQUIAS DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE BEMIL E O LIBRO DE SAN XUSTO. AUTORES: Elena Cabrejas e Jesús González Crespo

A FONTE DO ANGHENIDO DE BEMIL. RITOS E TRADICIÓNS AO REDOR DUN MANANCIAL CURATIVO. AUTOR: Rafael Quintía Pereira