A parroquia pontevedresa de Cerponzóns está de celebración: mil anos da súa exsitencia e quere celebralo como se merece, con actos a prol da nosa cultura. Para AB ORIGINE é un pacer e un honor que contasen con nós para poder deseñar o ciclo cultural de conferencias que, ao longo de todo o ano, dotará a esta parroquia dunha interesante oferta divulgativa en torno aos eidos do patrimonio cultural, da  historia, da arqueoloxía, da antropoloxía e da etnografía.

Para dar contido a esta programación contamos coa colabroración da antropóloga e técnica de turismo Cristina Valdés e do doutor en historia Buenaventura Aparicio, a parte do labor dos compañeiros do noso equipo: o antropólogo Rafa Quintía,  Valentín G. Bóveda e o antropólogo e realizador Miguel Alonso.

Este ciclo cultural trñatase dnha iniciativa promovida pola Asociación de Veciños O Chedeiro xunto coa Concellalía de Cultura do Concello de Pontevedra, e coa colaboración da Asociación Cultural Chan do Monte e a Comunidade de Montes de Cerponzóns.

As charlas terán lugar ao longo de todo o ano no Centro Social e na Casa do Pobo de Cerponzóns. Iremos infomando de cada unha das actividades.

WhatsApp Image 2019-02-21 at 09.28.24

Diario de Pontevedra

WhatsApp Image 2019-02-21 at 09.06.32

Faro de Vigo

 

En Pontevedra viva:

https://pontevedraviva.com/xeral/52539/cerponzons-presenta-programa-cultural-motivo-celebracion-milenio/