Dende o inicio Ab Origine tivo sempre como obxectivo fundacional non só adicarse a cuestións relacionadas coa investigación e a xestión no eido das culturas e sociedades senón tamén apostar pola divulgación, a posta en valor e o deseño de contidos culturais. Deste xeito, o seguinte paso lóxico tras a fundación foi abrir unha vía editorial para dar saída e voz propia á multitude de xentes, materiais e proxectos que pasan polas nosas mans e que se centran nos campos da antropoloxía, a etnografía, a historia e a arqueoloxía.

Así nace Ab Origine Edicións, o noso selo editorial onde, ademais de edición e publicación, ofrecemos servizos de redacción, correción, deseño e maquetación. Ademais de todo isto, realizamos tamén traballos de produción audiovisual, documentais de longa duración, curtametraxes, vídeos ou animación en 3D. Sempre co fío condutor da antropoloxía, a historia e a posta en valor do patrimonio.

Toda a información na páxina de Ab Origine Edicións.

http://edicions.aborigine.es/