Nestes últimos meses, dende Ab Origine  viñemos colaborando en temas de asesoramento cultural co film “O Neno e a Sombra”, do director Xaime Miranda. Unha  traballo de asesoramento cultural que xirou en torno aos eidos da etnomedicina e da relixiosidad popular galega.

Para nós foi un pracer traballar co seu director Xaime Miranda e comprobar non só o bo facer deste, aínda que novo, gran profesional da cinematografía, senón tamén o seu interese por documentarse con seriedade e rigor para que a curtametraxe conte con valor e transfondo antropolóxico que merece a historia. Agradecidos de que confiase en nós, non nos queda máis que agardar con ansia o estreo do filme.

O Neno e a Sombra é un cortometraxe de folk horror e drama psicolóxico ambientado en na Galicia rural dos anos 80. É un conto de realismo máxico baseado no noso patrimonio inmaterial: as meigas, o mal de ollo ou os ritos curativos conforman o substracto no que se desenvolve esta historia. O Neno e a Sombra é tamén unha doloroso viaxe interior cara ao enfrontamento co lado escuro da nosa psique, na que se exploran outros temas universais como a infancia, a paternidade, a educación ou a relixión.

Director: Xaime Miranda
Guión: Carlos Fernández
Produtores: Uxío Corbelle, Sabela Blanco
Xefa de produción: Lucía Ramiro
Script: Maite Señoráns
Dirección de Fotografía: Elena Lombao
Dirección de Arte: Mariña de Toro
Xefe de eléctricos: Iago Vilariño
Son: Lucas Pardo
Música Orixinal: Nuno Pico

Entre o reparto do filme atópanse actores do prestixio de Miguel de Lira, María Roja ou Diego Anido.

Teaser O Neno e a Sombra from Xaime Miranda on Vimeo.

 

 

Máis información:

https://www.verkami.com/projects/22426-o-neno-e-a-sombra-curtametraxe

https://www.facebook.com/ONenoeaSombraCurta