Poñemos en marcha a 2ª edición do noso “Curso práctico e investigación etnográfica”. Unha actividade formativa da nosa Escola de Antropoloxía destinada a todas aquelas persoas que queiran iniciarse na investigación etnográfica. Estudantes do grao de antropoloxía ou doutras disciplinas afíns e a todas aquelas persoas que queiran incorporar a metodoloxía da investigación antropolóxica nas súas actividades ou recibir formación no eido da antropoloxía.
O curso impartirase os luns en horario de 18 a 20h e dará comezo o 7 de outubro. As clases terán lugar na nosa aula situada nas oficinas de Ab Origine, en Pontevedra. Un curso impartido polo antropólogo Rafael Quintía.
Debido ao limitado das prazas, se está interesado neste curso pode solicitar xa a súa reserva.
DESCARGAR O TRÍPTICO EN PDF:
CURSO PRÁCTICO INVESTIGACIÓN ETNOGRÁFICA
Debe estar conectado para enviar un comentario.