Xa está dispoñible a matrícula para a 3ª edición do curso de extensión universitaria “Mitoloxía, crenzas, rituais e manifestacións festivas da cultura tradicional galega. Un achegamento antropolóxico ao patrimonio inmaterial de Galicia”. Un curso deseñado e impartido polo noso compañeiro de Ab Origine o antropólogo Rafael Quintía. Un curso enmarcado no noso proxecto formativo “Ab Origine. Escola de Antroñoloxía”.

Ademais, este ano, para potenciar máis o curso, a UNED decidiu dotalo coa concesión de 1,5 créditos así como posibilitar a súa transmisión en streaming para aqueles que se queiran matricular en calquera parte do Mundo e non poidan asistir a clase.

Toda a información na seguinte ligazón:

https://extension.uned.es/actividad/idactividad/19503