Este mércores 21 de abril presentamos en rolda de prensa no Concello de Pontevedra o noso proxecto “O Camiño contado. Pontevedra”. Un proxecto audiovisual de divulgación cultural e patrimonial ao redor do camiño portugués de Santiago ao seu paso polo concello de Pontevedra. Historias, patrimonio, mitos, ritos e crenzas narrados polos veciños das diferentes parroquias e da vila. Unha ollada antropolóxica ao camiño onde os protagonistas son as historias contadas pola propia xente depositaria destes coñecementos.

“O camiño contado. Pontevedra” é un proxecto ideado, creado e realizado por Ab Origine. Antropoloxía e promovido pola Concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra.

Fonte: Pontevedraviva

Deixamos aquí a ligazón á reseña de prensa publicada polo diario dixital Pontevedra Viva.

https://pontevedraviva.com/xeral/74132/pontevedreses-promocionan-patrimonio-natural-inmaterial-camino/

No va de prensa no Faro de Vigo

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2021/04/22/camino-ensena-tesoros-48556676.html