Xa está dispoñible na nosa canle de youtube e no Portal da Lingua Galega (https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_718.html) o noso novo documental: “Terra e tesón. Historia do Museo Etnográfico Casa do Patrón”.

FICHA ARTÍSTICA/TÉCNICA:
TÍTULO: O País da Moura
TIPO: Documental
XÉNERO: Antropoloxía
DIRECCIÓN E GUIÓN: Rafael Quintía
REALIZACIÓN E EDICIÓN: Yosune Duo
PRODUCIÓN: Valentín G. Bóveda
COLABORAN: Xunta de Galicia
ANO: 2021
DURACIÓN: 87 minutos prox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
SINOPSE: Este documental recolle e da a coñecer como se foi forxando, ao longo do tempo, o proxecto do Museo Etnográfico Casa do Patrón, cales foron as súas orixes dende o nacemento dunha idea ata converterse no museo de referencia no rural sobre a etnografía galega. No audiovisual, feito dende as directrices do cine etnográfico, dáse voz aos protagonistas desta aventura cultural e faise un percorrido polos diferentes episodios da súa historia e por aqueles proxectos máis destacables e significativos do labor que o museo vén desenvolvendo nas últimas décadas. Unha documental de AB ORIGINE. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural SLL coa colaboración do Museo Etnográfico Casa do Patrón e financiado pola Xunta de Galicia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.