Ab Origine é unha empresa de economía social que ofrece servicios integrais en antropoloxía, produción e xestión cultural.

Ab Origine supón a consumación dun proxecto que aglutina a profesionais da antropoloxía, da educación, da xestión empresarial, da promoción turística, da produción editorial e da creación audiovisual. Un equipo multidisciplinar co obxectivo común de achegar á sociedade unha oferta integral de servicios ligados ao campo da Antropoloxía Social e Cultural.

O noso equipo conta cunha dilatada e contrastada experiencia nos eidos da investigación antropolóxica, etnográfica e histórica; na formación e na divulgación; na xestión de turismo cultural e sostible; na posta en valor do patrimonio; na creación e xestión de contidos e produtos culturais; e no traballo con entidades de carácter social e cultural.

Para calqueira consulta podedes contactarnos en info@aborigine.es ou nos nosos correos persoais.

Rafael Quintía Pereira

Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural e licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Traballa como antropólogo profesional en Ab Origine e como profesor titor de antropoloxía na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). No eido do turismo cultural ten traballado como guía nacional e internacional para tour operadores europeos. Especialista en patrimonio inmaterial e proxectos de posta en valor do patrimonio. Investigador, formador e divulgador nos campos da mitoloxía, etnomedicina, formas de relixiosidade e a historia. Traballou, ademais, como Axente de Desenvolvemento Local. No ámbito da empresa conta con doce anos de experiencia en xestión empresarial, comercio exterior, compras e loxística.

Valentín G. Bóveda

Axente comercial e especialista en deportes de aventura, supervivencia e medio ambiente. Experto en proxectos sobre memoria histórica, Dereitos Humanos e posta en valor do patrimonio. Traballou en produción de cine e ten experiencia como formador e manager comercial.

Miriam Quintía Pereira

Licenciada en Belas Artes coa especialidade de Deseño e Audiovisuais. Dende hai 22 anos traballa como profesora de educación secundaria impartindo a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Traballou tamén como profesora de pintura e manualidades. No terreo do deseño e da ilustración realiza traballos como ilustradora de obras bibliográficas e ten longa experiencia na elaboración de pinturas murais. No campo do deseño textil leva anos colaborando con clubes de xinmasia ritmica no deseño e decoración de maillots. Especialista na elaboración de decorados para representacións teatráis, artísticas, performances e eventos deportivos; así como no deseño e ambientación de eventos culturais e celebracións temáticas e na recreación de espazos escenográficos.