Seminarios de Antropoloxía

Abrimos o prazo de matrícula para a primeira edición dos Seminarios de Antropoloxía da nosa Escola de Antropoloxía Ab Origine. Inauguran o ciclo tres seminarios: Antropoloxía do xénero e da sexualidade, Antropoloxía da arte e Etnomusicoloxía. Serán impartidos por Cristina Valdés, Xulia Feixoo, Rafael Quintía e Miguel Alonso Cambrón. Para máis información sobre os programas e a inscrición pódese descargar o folleto informativo na ligazón de máis abaixo. O prazo estará aberto ata o 15 de febreiro.

Curso teórico e práctico de Antropoloxía Urbana

A oferta formativa da nosa Escola de Antropoloxía amplíase co Curso teórico e práctico de Antropoloxía Urbana que impartirá o noso compañeiro o antropólogo Miguel Alonso Cambrón. Unha actividade pensada para estudantes do grao de antropoloxía ou doutras disciplinas afíns e a todas aquelas persoas que queiran incorporar as particularidades metodolóxicas da antropoloxía aplicada aos espazos urbanos e coñecer a historia da disciplina.

O curso impartirase os mércores de 18:00 a 20:00 e comenzará o 9 de Outubro. As clases terán lugar na nosa aula situada nas oficinas de Ab Origine, en Pontevedra.

Descarga o programa do curso

123

Xornadas formativas para a mocidade sobre o Patrimonio Cultural de Cerdedo-Cotobade

Velaquí unha pequena mostra do obradoiro de video-creación documental que fixemos durante as Xornadas formativas sobre o Patrimonio Cultural do concello de Cerdedo-Cotobade no que aprendemos ás rapazas e rapaces a aproveitar os recursos ao seu alcance para documentar temas patrimoniais do seu interese. O curso contou con catro módulos adicados ás tipoloxías e interpretacións do patrimonio cultural, ás formas de documentación e de traballo de campo, a representación do patrimonio a través do audiovisual xunto con cuestións técnicas relacionadas coa linguaxe e tecnoloxía cinematográficas. Aínda queda a entrega de premios do concurso de videodocumentais, do que informaremos en canto teñamos unha resolución.

Como naceu Ab Origine

Foto 1-8-17 11 59 22

O proxecto Ab Origine naceu no 2015 a raíz do traballo colaborativo que estableceron os antropólogos Rafa Quintía e Miguel Alonso. Dous anos despois, e coa incorporación de novos compañeiros, constitúense como empresa de economía social  dando lugar á transformación do inicial Ab Origine: gabinete antropolóxico na actual empresa Ab Origine. Antropoloxía, produción e xestión cultural. SLL.  Actualmente Ab Origine. Antropoloxía está formada polos socios Rafa Quintía, Miguel Alonso e Valentín G. Bóveda, e no seu equipo contan tamén coa antropóloga Cristina Valdés.

Dende maio de 2017 estamos establecidos en Pontevedra, onde temos as nosas oficinas na rúa Eduardo Pondal nº31-2ºd.

Esta bitácora nace coa intención de informar sobre as nosas actividades e divulgar os contidos que xurdan nas nosas investigacións e que consideremos interesantes.