II MÓDULO DO CURSO DE ANTROPOLOXÍA

O vindeiro martes 15 de xaneiro en Santiago de Compostela comezamos o II Módulo do curso sobre antropoloxía cultural e social galega. Este módulo está dedicado á etnomedicina e á relixiosidade popular.

O curso impartirase na Cidade da Cultura en horario dos martes de 17:30 a 20:30h. Esta deseñado e impartido polo socio de Ab Origine o antropólogo Rafael Quintía  e está organizado por Trebum Cultura.

Para máis información pu para matricluarse poden contactar con Trebum Cultura:

Trebum Cultura

http://www.trebum.com/
Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela

Esta actividade forma parte do programa formativo de Ab Origine “Escola de Antropoloxía“.

modulo2b_curso_antropologia

Programa do curso para descarga:

programa-curso-antropoloxia-galega.-mod.ii_.-xan-feb-2019-1

 

Advertisements

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA APEGO

O noso compañeiro Rafa Quintía impartirá  este venres un obradoiro sobre mitoloxía galega para as familias. esta actividade enmárcase dentro do prograna Apego e está  organizada polo do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

O obradoiro terá lugar na Casa Azul, rúa Sor Lucía (Pontevedra), en horario de 18:00 a 19:00h.

Toda a infomación necesaria na ligazón adxunta. http://www.pontevedra.gal/apego/…

CartazApegoOutono2018

CURSO DE ANTROPLOXÍA CULTURAL GALEGA

Mañá 16 de outubro en Santiago de Compostela comezamos o curso sobre antropoloxía cultural e social galega. O curso arranca  cun primeiro módulo dedicado á mitoloxía e ás festas do ciclo do ano.

O curso impartirase na Cidade da Cultura en horario de 17:30 a 20:30h. Esta deseñado e impartido polo socio de Ab Origine o antropólogo Rafael Quintía  e está organizado por Trebum Cultura.

Para máis información poden contactar con Trebum Cultura:

Trebum Cultura

http://www.trebum.com/
Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela

Esta actividade forma parte do programa formativo de Ab Origine “Escola de Antropoloxía“.

 

42570094_856661267861134_8273431412506361856_n

A ESTREA DO DOCUMENTAL “LUPA” NA PRENSA

Nun Teatro Principal de Pontevedra ateigado de xente, tivemos o pracer o pasado venres 16 de marzo de estrear o noso documental “Lupa, na procura do mito da raíña Loba”. Ademais do numeroso público asistente e dos moitos e bos amigos que acudiron, no acto estivemos acompañados tamén por Anabel Gulías, concelleira da Concelleira de promoción económica do Concello de Pontevedra, e por Xosé Leal,  deputado de cultura da Deputación Provincial de Pontevedra, que tiveron a ben participar na presentación xunto cos membros do equipo do documental: Rafa Quintía (director e guionista), Rodirgo Cota (narrador e presentador), Valentín G. Bóveda (produción) e Miguel Alonso (realización). O noso agradecemento a todo o público asistente e todos aquelas persoas, entidades e empresas que apoiaron este proxecto.

A prensa fíxose amplo eco da estrea do documental.

Diario de Pontevedra Lupa

escanear0001

LUPA PRENSA DIARIO