Investigación

Un dos campos nos que estamos especializados é o da investigación antropolóxica, etnográfica e histórica arredor dos fenómenos sociais e culturais. A investigación é a base sobre a que se sustentan multitude de procesos relacionados coa cultura e o patrimonio. Investigar supón xerar un coñecemento que será posto en circulación pola vía da divulgación. Para Ab Origine, a investigación é un dos eixos fundamentais na nosa actividade polo que é un dos nosos ámbitos de actuación prioritarios. A experiencia de investigación do equipo de Ab Origine é longa e contrastada por institucións e organismos especializados.

Entre as moitas posibilidades de investigación, Ab Origine especialízase nos seguintes eidos:

  • Traballos de investigación e estudos antropolóxicos
  • Catalogacións e inventariado de patrimonio etnográfico
  • Recollida de patrimonio inmaterial
  • Método biográfico
  • Memoria histórica, historia e literatura orais
  • Estudos etnomusicolóxicos
  • Antropoloxía da empresa e do traballo colectivo
    • Estudos de empresa
    • Estudos de institucións, asociacionismo e colectividades
    • DAFOs e diagnoses

+ info

Valorización

A cultura é un tesouro do que moita xente non coñece o seu valor. Os procesos de valorización teñen que ver co empoderamento popular a través da difusión do coñecemento e a democratización no seu acceso. Ab Origine aposta pola diversificación de medios e soportes cara ao espallamento da cultura e dos fenómenos sociais. Neste eido en Ab Origine especializámonos no deseño de roteiros culturais, elaboración de guías, folletos e audioguías e deseño e redacción de contidos para sinaléctica. Tamén desenvolvemos actividades e plans de difusión do patrimonio cultural. Realizamos traballos de investigación antropolóxica e catalogación de patrimonio inmaterial e etnográfico. Ofrecemos servizos de guía cultural en viaxes de coñecemento antropolóxico e rutas interpretadas sobre etnografía, historia e territorio. Así mesmo, temos longa experiencia na organización de actividades culturais, medioambientais e de lecer e tempo libre. Podemos ofrecer, ademais, servizos de monitorado e de dirección de programas de voluntariado, campos de traballo e campamentos.

+ info

Formación

A formación nos eidos sociais e culturais é unha peza fundamental na cadea de valor da transmisión do coñecemento. En Ab Origine temos grande interese na pervivencia e boa saúde dos diferentes paradigmas culturais que poboan o noso planeta, polo que entendemos necesario ofrecer servizos educativos en materia antropolóxica, etnográfica, histórica, de patrimonio cultural, de diversidade cultural e xénero e de creación cultural contemporánea, campos nos que temos longa experiencia. A través da nosa Escola de Antropoloxía ofrecemos diferentes liñas formativas que van dende as charlas didácticas ata os cursos especializados, pasando por obradoiros, conferencias, seminarios ou cursos de extensión universitaria, dirixidos tanto á infancia e á mocidade como ao público en xeral. Traballamos con centros de ensino, universidades, asociacións, centros cívicos, administracións públicas, colectivos de diferente índole e con particulares interesados nestes campos. Este labor formativo vese complementado coa nosa oferta de servizos de asesoría social e cultural.

+ info